
DÉPOR ABANCA B · 24 XULLO 2026
AITANA RUDA, NOVA XOGADORA DO DÉPOR ABANCA B
O RC Deportivo incorpora a Aitana Ruda Lara (Valladolid, 10 de xuño de 2007), que se converte en nova futbolista branquiazul tras asinar até xuño de 2028, con posibilidade de ampliar a súa vinculación co Club. A centrocampista reforzará ao Dépor ABANCA B na temporada 2026-27.Aitana chega procedente do Olímpico de León, onde a pasada campaña foi unha das xogadoras máis destacadas do equipo en Segunda Federación. A vallisoletana disputou 26 partidos, 24 deles como titular, e achegou ademais 4 goles, consolidándose como unha peza importante no centro do campo.A nova deportivista iniciou a súa formación nas categorías inferiores do Real Valladolid, club no que continuou a súa progresión antes de dar o salto ao Olímpico de León. Na temporada 2024-25, co conxunto pucelano, disputou 14 encontros en Tercera Federación e anotou 2 goles, confirmando o seu crecemento competitivo.

O seu talento tamén lle abriu as portas das categorías inferiores da selección española, coa que foi convocada en categoría sub-16, un recoñecemento á súa proxección e ao seu rendemento.Coa incorporación de Aitana Ruda, o Dépor ABANCA B suma ao proxecto unha centrocampista con experiencia en categoría nacional, capacidade de traballo e marxe de crecemento.


Intenso sábado de amigables en ANOSACANTEIRA con partidos en ...

Fin a unha esixente pero positiva pretemporada do Dépor ABANC...

Vitoria con remontada incluída ante o Rio Ave FC dun Dépor AB...

Mauro Valeiro concéntrase este luns 24 de agosto coa selecció...

Antonio Hidalgo avanza o plan de partido do Dépor ante o Mála...

Á venda as entradas de público para o Dépor - Valencia CF do ...