
FUNDACIÓN · 15 XUÑO 2026
ÚLTIMAS HORAS PARA APUNTARSE AOS DÉPORCAMPUS CABREIROÁ DE LUGO, OUTES, SANXENXO E TERRAS DE MASIDE
Este martes 16 de xuño ás 12:00 conclúe o prazo de inscrición para apuntarse aos DéporCampus con sede en Lugo, Outes, Sanxenxo e Terras de Maside, que se desenvolverán do 22 ao 26 de xuño.Toda a información sobre cada sede, cada quenda, horarios e demais preguntas frecuentes atópase premendo aquí, onde se pode realizar todo o proceso de inscrición e contacto, que tamén se pode establecer a través de [email protected].O DéporCampus Cabreiroá está dirixido a nenos e nenas desde os 6 ata os 14 anos (nados entre 2012 e 2020, ambos incluídos), independentemente do nivel de práctica ou experiencia futbolística.Os adestradores e adestradoras de ANOSACANTEIRA implantarán a metodoloxía de adestramento que os equipos de ANOSACANTEIRA realizan no Dépor Training Center.O alumnado realizará:-Circuitos coordinativos.-Xogos de relación con balón.-Habilidade con balón.-Desafíos técnicos.-Xogos de posición.-Partidos reducidos ou minipartidos.-Xogo real cunha liga interna.O RC Deportivo proporciona a cada participante unha equipación completa: camiseta, pantalón e medias; ademais dunha merenda consistente en auga e froita.Polo tanto, só son necesarias botas de tacos ou multitacos de goma, camiseta térmica ou chuvasqueiro en caso de choiva e aerosol ou crema solar. Non é necesario o uso de caneleiras.

Os obxectivos son os seguintes:-Aprender e desenvolver a coordinación a través de xogos coordinativos.-Aprender as habilidades e conceptos na relación co corpo.-Aprender as habilidades e conceptos na relación co balón.-Traballar os fundamentos técnico-tácticos cunha metodoloxía analítica.-Competir e gozar mediante partidos en diferentes espazos.-Transmitir os valores que representa o Dépor: RESPECTO, SOLIDARIEDADE, AMIZADE, XOGO LIMPO, INTEGRACIÓN, ESFORZO E FELICIDADE.Calendario do resto de sedesA segunda semana, comprendida entre o 29 de xuño e o 3 de xullo, contará coas sedes de Caranza, Cee e Colexio Internacional de Eirís.Durante a terceira semana, do 6 ao 10 de xullo, o campus celebrarase en Monforte, Santa Comba, Caranza, Colexio Internacional Eirís e Colexio Santa María del Mar.Na cuarta semana, do 13 ao 17 de xullo, as sedes serán Bertamiráns, Boiro, Vilalba e Silleda.Na quinta semana, do 20 ao 24 de xullo, o campus chegará a Zas e Cuntis.Finalmente, na sexta semana, do 27 ao 31 de xullo, as actividades desenvolveranse en Cedeira e Marín.As novidades nas sedes do Dépor Training Center e o Colexio Santa María del Mar este ano 2026 será que contarán con servizo de madrugadores.


O Benxamín A clasificouse para a final do Mini Teresa Herrera...

O Dépor xogará o 25 de xullo ás 19:30 ante o Real Oviedo no E...

400 nenos e nenas arrancaron os DéporCampus 2026 no Dépor Tra...

O RC Deportivo lanza o LembraDÉ 2025-26, unha experiencia per...

Resultados da fin de semana, con título para o San Tirso SD C...

O Dépor Genuine conclúe unha nova Liga Genuine Moeve marcada ...