
ALEVÍN A · 24 FEBREIRO 2026
TRIUNFOS DO ALEVÍN A E FABRIL FC ALEVÍN NOS SEUS PARTIDOS ADIANTADOS Á XORNADA DA FIN DE SEMANA NA PRIMERA FUTGAL A CORUÑA
Os dous equipos alevíns (o A na foto principal da noticia) do RC Deportivo que compiten na Primera Futgal A Coruña adiantaron os seus partidos da xornada 21ª a este martes 24 de febreiro no campo de herba sintética do Dépor Training Center.Os encontros finalizaron con triunfo deportivista ante o Sporting Cambre o Alevín A (9-0) e fronte ao Atlético Coruña Montañeros CF (2-5) o Fabril FC Alevín 8 (foto inferior).O motivo do cambio de data vén producido porque a fin de semana o Alevín A ten que xogar dous encontros (un deles correspondente á xornada da pasada semana) do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 e o Fabril FC Alevín disputará a UGS Champions Cup 2026 na cidade suíza de Ginebra.Os resultados deste martes 24 foron os seguintes:21ª xornada: ALEVÍN A 9 (Alberto Novo -3-, Adrián Liñares -2-, Álex Casado, Yago Espasandín, Andrés Valencia e Adrián Míguez) - SPORTING CAMBRE 021ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 2 - FABRIL FC ALEVÍN 5 (Leo Galbán -2-, César Leira, Pablo Gómez e Pablo Martelo)Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Alevín A (un partido máis), 58 puntos; 2. Fabril FC Alevín (un partido máis), 54 puntos; 3. Victoria CF, 52 puntos...


O Benxamín A clasificouse para a final do Mini Teresa Herrera...

O Dépor xogará o 25 de xullo ás 19:30 ante o Real Oviedo no E...

400 nenos e nenas arrancaron os DéporCampus 2026 no Dépor Tra...

O RC Deportivo lanza o LembraDÉ 2025-26, unha experiencia per...

Resultados da fin de semana, con título para o San Tirso SD C...

O Dépor Genuine conclúe unha nova Liga Genuine Moeve marcada ...