
DÉPOR ABANCA · 12 XUÑO 2026
SAÍDAS A PARTIR DO 30 DE XUÑO NO DÉPOR ABANCA
Cada final de temporada trae consigo momentos de alegría, balance e tamén despedidas. Coa chegada do 30 de xuño, o Dépor ABANCA pon punto final á etapa de varias futbolistas que formaron parte do equipo durante o último curso.Paula Gutiérrez, Raquel García, Henar Muiña, Vera Martínez, Ainhoa Marín, Samara Ortiz, Yohana Gómez, Lía Muiño, Lucía Martínez, Carlota Sánchez, Bárbara Latorre, Marina Artero e Hildah Magaia non continuarán na disciplina branquiazul a próxima temporada.Todas elas contribuíron, desde diferentes roles e circunstancias, a unha campaña esixente na que o equipo volveu demostrar a súa competitividade, o seu carácter e a súa capacidade para acadar o obxectivo marcado.Grazas ao seu traballo, esforzo e profesionalidade, o Dépor ABANCA logrou asegurar a permanencia en Liga F e consolidar a presenza do Club durante tres temporadas consecutivas na máxima categoría do fútbol español.Alén dos partidos disputados ou dos minutos sobre o céspede, cada unha delas deixa a súa pegada no vestiario e no camiño percorrido durante este tempo. A súa dedicación diaria e o seu compromiso coa camiseta branquiazul formaron parte da historia recente do Dépor ABANCA.O RC Deportivo quere agradecerlles a súa entrega e desexarlles a maior das sortes, tanto nos seus futuros retos profesionais como no eido persoal.

O Benxamín A clasificouse para a final do Mini Teresa Herrera...

O Dépor xogará o 25 de xullo ás 19:30 ante o Real Oviedo no E...

400 nenos e nenas arrancaron os DéporCampus 2026 no Dépor Tra...

O RC Deportivo lanza o LembraDÉ 2025-26, unha experiencia per...

Resultados da fin de semana, con título para o San Tirso SD C...

O Dépor Genuine conclúe unha nova Liga Genuine Moeve marcada ...