
DÉPOR · 14 MAIO 2026
RODRIGUE DIPANDA SUMOUSE ESTE XOVES A UN CADRO DO DÉPOR QUE "ESTÁ A DAR UN BO NIVEL"
Rodrigue Dipanda Essono (10 de junio de 2006, Yaounde, Camerún) deu un paso máis na súa carreira.Despois de formar parte do Xuvenil A a temporada pasada e de ser unha peza importante esta campaña no ascenso do Fabril a Primera Federación, este xoves 14 de maio adestrouse por primeira vez ás órdenes de Antonio Hidalgo, xunto cos tamén fabrilistas Bil e Noé.Dipanda foi un máis en todas as tarefas dispostas polo corpo técnico para un cadro "moi longo e de moita cualidade", tal e como apuntou en rolda de prensa Arnau Comas. "Os xogadores ás veces entramos, temos rachas duns cantos partidos, logo non. Temos un cadro longo e o míster pon a uns ou a outros dependendo do partido. O importante é que estamos dando un bo nivel, estamos axudando ao equipo e cando non toca estamos sumando desde fóra, que é o importante. E iso véxoo en todos os xogadores", engadiu o zagueiro catalán.Internacional por Camerún sub-17, co filial Dipanda xogou un total de 27 partidos e anotou 8 goles.Antonio Hidalgo dispuxo tras unha activación, un xogo de posición con porterías e un exercicio táctico orientado ao encontro ante o FC Andorra deste domingo 17 de maio ás 14:00 (LaLiga TV Hypermotion).Unicamente David Mella está con traballo personalizado.Este venres 15 de maio Os Nosos adestraranse de novo a partir das 11:00 no Dépor Training Center.

O Benxamín A clasificouse para a final do Mini Teresa Herrera...

O Dépor xogará o 25 de xullo ás 19:30 ante o Real Oviedo no E...

400 nenos e nenas arrancaron os DéporCampus 2026 no Dépor Tra...

O RC Deportivo lanza o LembraDÉ 2025-26, unha experiencia per...

Resultados da fin de semana, con título para o San Tirso SD C...

O Dépor Genuine conclúe unha nova Liga Genuine Moeve marcada ...




