
FUNDACIÓN · 18 XUÑO 2026
PRESENTADA A OITAVA EDICIÓN DO DÉPORCAMPUS DE CUNTIS
A 8ª edición do DeporCampus no concello de Cuntis, que se realiza en colaboración co Atlético Cuntis CF, foi presentada na biblioteca pública municipal Roberto Blanco Torres.Asistiron ao acto Manuel Campos, alcalde de Cuntis; Fran Fontenla, presidente do Atlético Cuntis CF; Vanesa Fuentes, representante do balneario Termas de Cuntis; e Sergio Maurente Brañas, coordinador dos DéporCampus.A actividade desenvolverase do luns 20 ao venres 24 de xullo en horario de 10:00 a 14:00.Está dirixida a nenos e nenas entre 6 e 14 anos (nados entre 2020 e 2012, ambos incluídos) con independencia do seu nivel de práctica ou experiencia.Os adestradores e adestradoras da canteira do RC Deportivo levan a Cuntis a metodoloxía de adestramento que os equipos de ANOSACANTEIRA realizan no Dépor Training Center.Os obxectivos son os seguintes:-Aprender e desenvolver a coordinación a través de xogos coordinativos.-Aprender as habilidades e conceptos na relación co corpo.-Aprender as habilidades e conceptos na relación co balón.-Traballar os fundamentos técnico-tácticos cunha metodoloxía analítica.-Competir e gozar mediante partidos en diferentes espazos.-Transmitir os valores que representa o Dépor: RESPECTO, SOLIDARIEDADE, AMIZADE, XOGO LIMPO, INTEGRACIÓN, ESFORZO E FELICIDADE.Para máis información e para as inscricións, abertas ata o martes 14 de xullo ás 14:00 ou ata completar aforo, premer nesta ligazón.

O Benxamín A clasificouse para a final do Mini Teresa Herrera...

O Dépor xogará o 25 de xullo ás 19:30 ante o Real Oviedo no E...

400 nenos e nenas arrancaron os DéporCampus 2026 no Dépor Tra...

O RC Deportivo lanza o LembraDÉ 2025-26, unha experiencia per...

Resultados da fin de semana, con título para o San Tirso SD C...

O Dépor Genuine conclúe unha nova Liga Genuine Moeve marcada ...