
DÉPOR ABANCA · 18 XUÑO 2026
PAULA REDRUELLO 'REDRU', DEPORTIVISTA ATA 2028
O Deportivo ABANCA seguirá contando cunha das futbolistas novas con maior proxección do panorama estatal. Paula Redruello Fernández "Redru" (Oviedo, 21 de xaneiro de 2007) renovou o seu contrato co RC Deportivo até xuño de 2028, con posibilidade de ampliación, reforzando así a súa ligazón co Club para as vindeiras temporadas.A pesar da súa mocidade, Redru demostrou esta campaña unha madurez e unha personalidade que lle permitiron competir ao máximo nivel. A centrocampista participou en 14 encontros de Liga F, confirmando a súa capacidade para achegar na máxima categoría do fútbol español.Ao mesmo tempo, continuou sendo unha peza fundamental no Deportivo ABANCA B. Co filial disputou 14 partidos, todos eles como titular, contribuíndo de maneira decisiva a acadar o obxectivo da permanencia en Segunda Federación.A súa traxectoria estivo marcada por unha evolución constante. Formada no CD Mosconia, deu o salto ás categorías inferiores do Sporting de Gijón en 2018. Con apenas 15 anos xa debutou tanto en Primera Nacional como en Reto Iberdrola, iniciando un crecemento que a levou a se converter nunha das protagonistas do ascenso do conxunto asturiano a Segunda RFEF na tempada 2022-23.Ese talento tamén lle abriu as portas da selección española, coa que foi internacional nas categorías sub-16, sub-17 e sub-19.A renovación de Redru supón unha aposta polo presente e polo futuro. Unha futbolista nova, ambiciosa e cun enorme marxe de crecemento que seguirá desenvolvéndose nun entorno que cre firmemente nas súas capacidades.


Intenso sábado de amigables en ANOSACANTEIRA con partidos en ...

Fin a unha esixente pero positiva pretemporada do Dépor ABANC...

Vitoria con remontada incluída ante o Rio Ave FC dun Dépor AB...

Mauro Valeiro concéntrase este luns 24 de agosto coa selecció...

Antonio Hidalgo avanza o plan de partido do Dépor ante o Mála...

Á venda as entradas de público para o Dépor - Valencia CF do ...