
DÉPOR ABANCA · 8 AGOSTO 2026
MILLENE ADVIRTE QUE "NECESITAMOS TEMPO, NECESITAMOS PARTIDOS"
Millene Cabral advertiu tras concluír o Trofeo Emma Cuervo ante o Sporting de Gijón que o Dépor ABANCA "é un equipo novo. Somos moitas novas este ano. Necesitamos tempo, necesitamos partidos como este principalmente".Ve "importante traballar a nosa personalidade, ter o balón, que é algo característico noso, o que queremos para esta temporada". "O máis importante é seguir mellorando, seguir traballando diferentes facetas do xogo e hoxe (por onte) demos o mellor de nós", engadiu.Insiste en que "é importante xerar pero tamén meter as oportunidades. Os primeiros tiros metémolos e despois sentímonos moito máis cómodas e con moita máis personalidade".Neste sentido, Millene cre que "ao Sporting custoulle moito manter o ritmo que lle metemos ao partido".A nivel persoal, e despois de marcar 3 goles, a dianteira deportivista confesa estar "moi contenta. Volver xogar contra o Sporting é especial para min porque foi o meu equipo hai uns anos. Estou moi contenta porque volvo dunha lesión. A pasada foi unha tempada moi complicada a nivel persoal. Estou atopándome pouco a pouco e axudando ao equipo".

Intenso sábado de amigables en ANOSACANTEIRA con partidos en ...

Fin a unha esixente pero positiva pretemporada do Dépor ABANC...

Vitoria con remontada incluída ante o Rio Ave FC dun Dépor AB...

Mauro Valeiro concéntrase este luns 24 de agosto coa selecció...

Antonio Hidalgo avanza o plan de partido do Dépor ante o Mála...

Á venda as entradas de público para o Dépor - Valencia CF do ...