
DÉPOR · 13 AGOSTO 2026
MIGUEL LOUREIRO: "NESTES PARTIDOS DE PRETEMPORADA O IMPORTANTE É TER BOAS SENSACIÓNS E COMPETIR"
Miguel Loureiro pasou pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR ao concluír a 81ª edición do Trofeo Teresa Herrera ante o Real Madrid CF.O defensa coruñés queda con que "é positivo ir sumando minutos, ir coñecendo o que nos imos atopar, ir palpando ese nivel".Admite que "non estamos contentos co resultado, queriamos gañar diante de ANOSAFORZA pero nestes partidos de pretempada o importante é ter boas sensacións e competir".A nivel persoal, Miguel Loureiro di sentirse "ben. Arrastrei molestias durante toda a segunda volta do ano pasado. Sabía que o verán non me ía chegar para recuperar esas molestias".Loubra "o traballo que fixo todo o corpo médico. Estivemos moi coordinados e fóronse controlando moi ben as cargas. Agora atópome ben, collendo ese ritmo. Desapareceron as molestias, polo que estou contento de participar 45 minutos nun partido deste nivel".

Intenso sábado de amigables en ANOSACANTEIRA con partidos en ...

Fin a unha esixente pero positiva pretemporada do Dépor ABANC...

Vitoria con remontada incluída ante o Rio Ave FC dun Dépor AB...

Mauro Valeiro concéntrase este luns 24 de agosto coa selecció...

Antonio Hidalgo avanza o plan de partido do Dépor ante o Mála...

Á venda as entradas de público para o Dépor - Valencia CF do ...