
JUVENIL A · 11 MAIO 2026
MAURO VALEIRO DISPUTARÁ CON ESPAÑA O CAMPIONATO DE EUROPA SUB-17 DE ESTONIA
Mauro Valeiro Méndez (A Coruña, 1 de setembro de 2009) foi citado pola selección española sub-17 para disputar a fase final do Campionato de Europa da categoría que se xoga en Estonia do 25 de maio ao 7 de xuño.O canteirán deportivista concentrarase este 15 de maio no complexo Albir Garden Resort en Alfaz del Pi (Alicante).Os rivais de España na primeira fase serán Estonia, Bélxica e Croacia.O calendario de partidos é o seguinte:Primera FaseLuns 25 de maio19:00: ESTONIA - ESPAÑA, no Lilleküla staadion de TallinXoves 28 de maio13:30: BÉLXICA - ESPAÑA, no Rakvere linnastaadion de RakvereDomingo 31 de marzo13:30: ESPAÑA - CROACIA, no Rakvere linnastaadion de RakvereMauro Valeiro nesta campaña proclamouse con este combinado nacional campión do torneo internacional no Algarve (Portugal) ademais de ter disputado a Rolda 2 de clasificación.O centrocampista coruñés, que chegou a ANOSACANTEIRA no primeiro ano de benxamíns na temporada 2017-18, xa sabe o que é ser citado pola selección española sub-15 e sub-16.Esta campaña finalizou a División de Honra no Xuvenil A con 23 partidos xogados, 18 deles como titular, e 2 goles marcados.

O Benxamín A clasificouse para a final do Mini Teresa Herrera...

O Dépor xogará o 25 de xullo ás 19:30 ante o Real Oviedo no E...

400 nenos e nenas arrancaron os DéporCampus 2026 no Dépor Tra...

O RC Deportivo lanza o LembraDÉ 2025-26, unha experiencia per...

Resultados da fin de semana, con título para o San Tirso SD C...

O Dépor Genuine conclúe unha nova Liga Genuine Moeve marcada ...