
FUNDACIÓN · 11 XUÑO 2026
A RC DEPORTIVO FUNDACIÓN ESTREITA LAZOS COA UNIVERSIDADE DE MONTENEGRO
A RC Deportivo Fundación realizou unha mobilidade Erasmus+ coa Universidade de Montenegro co obxectivo de coñecer iniciativas innovadoras vencelladas ao deporte, á investigación e ao desenvolvemento tecnolóxico.Durante a visita, a delegación deportivista foi recibida no Balkan Center for Science and Innovation (BCSI), onde se reuniu con Stevo Popović, director do centro; e Miodrag Zarubica, estudiante de doutorado e director de PASTECHL.A xuntanza permitiu coñecer distintos proxectos impulsados pola universidade nos ámbitos da innovación, da transformación dixital e da transferencia de coñecemento, así como intercambiar experiencias sobre os desafíos e oportunidades que afrontan actualmente as organizacións deportivas e educativas.Esta mobilidade enmárcase na aposta de RC Deportivo Fundación pola internacionalización e a aprendizaxe continua, explorando novas perspectivas sobre como a tecnoloxía e a innovación poden contribuír ao desenvolvemento do deporte.A visita serviu tamén para fortalecer as relacións institucionais entre ambas entidades, co desexo compartido de seguir mantendo o contacto e explorar futuras oportunidades de colaboración a nivel europeo que contribúan ao avance do deporte e das novas tecnoloxías aplicadas a este ámbito.


O Benxamín A clasificouse para a final do Mini Teresa Herrera...

O Dépor xogará o 25 de xullo ás 19:30 ante o Real Oviedo no E...

400 nenos e nenas arrancaron os DéporCampus 2026 no Dépor Tra...

O RC Deportivo lanza o LembraDÉ 2025-26, unha experiencia per...

Resultados da fin de semana, con título para o San Tirso SD C...

O Dépor Genuine conclúe unha nova Liga Genuine Moeve marcada ...