RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
A Xunta Xeral Extraordinaria do RC Deportivo aproba a adecuación da súa denominación social a ‘A Coruña’, tras a consulta vinculante ás súas persoas abonadas

ACCIONISTAS · 23 XUÑO 2026

A XUNTA XERAL EXTRAORDINARIA DO RC DEPORTIVO APROBA A ADECUACIÓN DA SÚA DENOMINACIÓN SOCIAL A ‘A CORUÑA’, TRAS A CONSULTA VINCULANTE ÁS SÚAS PERSOAS ABONADAS

O Real Club Deportivo de La Coruña S.A.D. celebrou este martes 23 de xuño ás 9:00 horas a súa Xunta Xeral Extraordinaria de Accionistas, en primeira convocatoria e con presenza de notario, na que se aprobou a adecuación da denominación social do Club ás disposicións da Lei 2/1998, que establece a obriga de utilizar a denominación “A Coruña” para referirse ao topónimo da cidade.A Xunta contou coa participación de accionistas que representaban o 99,864% do capital social. Todos os acordos sometidos a votación foron aprobados por unanimidade dos accionistas presentes, conforme á orde do día publicada na páxina web corporativa do Club o pasado 22 de maio de 2026.O punto principal da sesión foi a información sobre o resultado da consulta vinculante realizada ás persoas abonadas do Club entre os días 17 e 21 de xuño, na que se lles preguntou se o RC Deportivo debía adaptar a súa denominación social ás disposicións da citada Lei 2/1998.A consulta contou cunha participación do 55,96% sobre o censo de abonados con dereito a voto e arroxou un resultado favorable á modificación nunha porcentaxe superior ao 79,41% dos votos validamente emitidos.Unha vez informado o resultado da consulta, elevouse á Xunta Xeral de Accionistas a decisión de modificar a denominación social do Club e, en consecuencia, o artigo 1 dos Estatutos Sociais. A proposta foi aprobada por unanimidade dos accionistas presentes na Xunta, que representaban o 99,864% do capital social.Con esta decisión, o RC Deportivo avanza na adecuación formal da súa denominación social ao marco legal vixente e culmina un proceso desenvolvido coa participación das persoas abonadas, con garantías societarias e pleno respaldo accionarial.O apartado de rogos e preguntas non foi obxecto de votación. Así mesmo, a Xunta aprobou formalmente o apoderamento ao Consello de Administración para elevar a público os acordos adoptados.