
DÉPOR · 24 XULLO 2026
JONATHAN ASP JENSEN, CONVENCIDO NA SÚA PRESENTACIÓN DE QUE "IMOS FACER UN BO PAPEL"
Jonathan Asp Jensen (Gauerslund, Dinamarca, 14 de xaneiro de 2006) foi presentado este venres 24 de xullo como novo futbolista branquiazul até xuño de 2031.Despois de posar coa súa nova camiseta no campo Arsenio Iglesias, na sala de prensa Fernando Soriano asegurou que "vén competir en calquera das posicións dependendo do debuxo que empregue o adestrador".Recalca que "é un xogador de proxección no que temos moita ilusión".Pola súa banda, Jonathan Asp Jensen agradeceu esta oportunidade e cre que o Dépor "se adapta moi ben ao meu estilo de xogo. Teño boas sensacións desde o primeiro día. Estou desexando loitar por este club".Confesa estar "moi feliz. Teño boa sensación desde o primeiro momento. Non tiven ningunha dúbida".

O novo atacante deportivista explica que xogou en varias posicións "e non me sinto máis cómodo nunha ca noutra. Cando o adestrador me di onde me teño que situar, fago o que teño que facer".Recoñece que a súa etapa no Grasshopper suízo é "diferente ao fútbol xuvenil pero adapteime ben. Durante os dous primeiros meses observei e iso foi crucial para sentirme moi ben".É consciente da súa competencia con Yeremay, do que dixo que "é un xogador top" e pensa ao respecto que "cantos máis xogadores top teñamos é bo para o equipo".Finalmente Asp Jensen conclúe que "estou aquí para loitar e imos facer un bo papel".

Intenso sábado de amigables en ANOSACANTEIRA con partidos en ...

Fin a unha esixente pero positiva pretemporada do Dépor ABANC...

Vitoria con remontada incluída ante o Rio Ave FC dun Dépor AB...

Mauro Valeiro concéntrase este luns 24 de agosto coa selecció...

Antonio Hidalgo avanza o plan de partido do Dépor ante o Mála...

Á venda as entradas de público para o Dépor - Valencia CF do ...