
DÉPOR · 7 XUÑO 2026
GERMÁN PARREÑO AMPLÍA O SEU VÍNCULO CO DÉPOR ATA 2028
Germán Parreño Boix (Elche, Alacant, 16 de febreiro de 1993) seguirá defendendo a portería branquiazul ata xuño de 2028.Dende a súa chegada ao Club na tempada 2023-24, Germán converteuse en moito máis ca un gardameta.A súa profesionalidade, o compromiso diario e a capacidade para sumar sempre en favor do colectivo convertérono nunha das figuras máis respectadas e queridas dentro do vestiario deportivista.Na súa primeira campaña como branquiazul foi unha peza importante do equipo que se proclamou campión de Primera Federación e logrou o ansiado regreso ao fútbol profesional. Disputou 31 encontros de liga, mantendo a portería a cero en 13 deles e contribuíndo de maneira decisiva a un éxito que permanece gravado na memoria do deportivismo.Xa en Segunda División, Germán continuou sendo un exemplo de traballo e compañeirismo. Máis alá dos 25 partidos disputados nestas dúas temporadas, a súa lideranza silenciosa, a súa experiencia e o seu espírito de grupo foron fundamentais para acompañar o crecemento dun equipo que primeiro se consolidou en LaLiga Hypermotion e que, na campaña recén rematada, logrou o regreso a Primera División.Ao longo dunha extensa traxectoria profesional, Germán defendeu as camisetas do Girona FC, Elche CF, RCD Espanyol, Real Racing Club, UCAM Murcia CF e UD Ibiza antes de incorporarse ao Dépor, achegando unha valiosa experiencia que sempre puxo ao servizo do equipo.O RC Deportivo celebra a continuidade dun xogador que representa á perfección os valores de traballo, humildade e compañeirismo que distinguen este vestiario.

O Benxamín A clasificouse para a final do Mini Teresa Herrera...

O Dépor xogará o 25 de xullo ás 19:30 ante o Real Oviedo no E...

400 nenos e nenas arrancaron os DéporCampus 2026 no Dépor Tra...

O RC Deportivo lanza o LembraDÉ 2025-26, unha experiencia per...

Resultados da fin de semana, con título para o San Tirso SD C...

O Dépor Genuine conclúe unha nova Liga Genuine Moeve marcada ...