
DÉPOR GENUINE · 20 XUÑO 2026
EMOTIVA PRIMEIRA XORNADA DO DÉPOR GENUINE NA FASE FINAL DE LALIGA GENUINE MOEVE
Foto: LaLigaO Dépor Genuine disputa esta fin de semana a fase final de LaLiga Genuine, que se celebra na Cidade do Fútbol de Las Rozas.Trátase dunha cita moi especial que pon o broche a unha tempada chea de esforzo, compañeirismo e ilusión na competición máis inclusiva do fútbol español, impulsada por LaLiga a través da súa Fundación.Nesta última etapa do curso, Os Nosos (na foto inferior) enfróntanse ao Gimnàstic de Tarragona, á UD Las Palmas e ao RCD Mallorca.O calendario de partidos, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Sábado 20 de xuñoDÉPOR GENUINE 0 - NÁSTIC DE TARRAGONA 1UD LAS PALMAS 2 - DÉPOR GENUINE 1Domingo 21 de xuño11:00: DÉPOR GENUINE - RCD MALLORCAUnha vez finalizados os partidos, a cerimonia de clausura porá o punto final a unha tempada inesquecible. Alí, os integrantes do Dépor Genuine recibirán as súas medallas xunto a centos de participantes chegados de toda España, nun recoñecemento que transcende os resultados e celebra valores como o esforzo, a superación, a ilusión e o compromiso demostrados durante todo o ano.En LaLiga Genuine cada partido conta, pero o máis importante está sempre máis alá do marcador.


O Benxamín A clasificouse para a final do Mini Teresa Herrera...

O Dépor xogará o 25 de xullo ás 19:30 ante o Real Oviedo no E...

400 nenos e nenas arrancaron os DéporCampus 2026 no Dépor Tra...

O RC Deportivo lanza o LembraDÉ 2025-26, unha experiencia per...

Resultados da fin de semana, con título para o San Tirso SD C...

O Dépor Genuine conclúe unha nova Liga Genuine Moeve marcada ...