
DÉPOR · 3 XULLO 2026
O RC DEPORTIVO EXECUTA A CLÁUSULA DE RESCISIÓN DO PORTEIRO INTERNACIONAL ESPAÑOL LEO ROMÁN, QUE ASINA ATÉ 2031
O RC Deportivo executou este venres 3 de xullo a cláusula de rescisión do gardameta internacional español Leo Román Riquelme (Ibiza, 6 de xullo de 2000), que se converte así en novo xogador blanquiazul tras asinar un contrato para as vindeiras 5 tempadas.Leo Román chega ao Dépor despois de disputar 40 partidos en LaLiga EA Sports durante as dúas últimas tempadas (2024-25 e 2025-26) co RCD Mallorca, onde as súas destacadas actuacións baixo paus lle valeron a chamada da selección española absoluta.Con anterioridade, defendeu a portaría do Real Oviedo en LaLiga Hypermotion durante a campaña 2023-24, na que participou en 42 encontros, mantendo a súa portaría a cero en 14 deles.O gardameta debutou coa selección española absoluta ás ordens de Luis de la Fuente no amigable disputado ante Irak en ABANCA-RIAZOR o pasado mes de xuño.Coa incorporación de Leo Román, o RC Deportivo reforza unha posición estratéxica cun porteiro novo, de presente e proxección internacional, que pasa a formar parte do proxecto blanquiazul para as vindeiras tempadas.

Intenso sábado de amigables en ANOSACANTEIRA con partidos en ...

Fin a unha esixente pero positiva pretemporada do Dépor ABANC...

Vitoria con remontada incluída ante o Rio Ave FC dun Dépor AB...

Mauro Valeiro concéntrase este luns 24 de agosto coa selecció...

Antonio Hidalgo avanza o plan de partido do Dépor ante o Mála...

Á venda as entradas de público para o Dépor - Valencia CF do ...