
JUVENIL A · 14 XULLO 2026
O XUVENIL DEPORTIVISTA NICO BALBAS XOGARÁ CON HONDURAS SUB-20 O TORNEO CONCACAF
Nicolás Balbas Gonzales (Ferrol, 8 de maio de 2008) foi convocado pola selección de Honduras sub-20 para unha concentración de adestramentos e un torneo da CONCACAF da categoría que se xoga en México.O canteirán, que chegou a ANOSACANTEIRA no primeiro ano de benxamíns, concentrarase este mércores 15 de xullo na Casa de la H, na cidade de Siguatepeque, Comayagua.Os rivais do futbolista branquiazul na fase de grupos, que se celebrará en Puebla, son Xamaica, Canadá e Panamá.O calendario de Honduras é o seguinte:Luns 27 de xullo20:00 (hora local, 3:00 do martes 28 en Galicia): HONDURAS - XAMAICAXoves 30 de xullo20:00 (hora local, 3:00 do venres 31 en Galicia): CANADÁ - HONDURASDomingo 2 de agosto20:00 (hora local, 3:00 do venres 31 en Galicia): HONDURAS - PANAMÁSegundo a clasificación, os equipos quedarán emparellados en cuartos de final.Nico Balbas xa disputou coa sub-17 o Campionato do Mundo da categoría.Este extremo, ferrolán de nacemento pero con orixes hondureñas, pertence ao cadro do Xuvenil A de División de Honra, co que a pasada temporada xogou en liga 19 partidos, 16 deles como titular, e marcou 2 goles; e 4 partidos en Copa, 1 deles de inicio.Nicolás Balbas forma parte dun nutrido grupo de canteiráns que son internacionais nas categorías inferiores como Samu Fernández, Raúl Lema, Mauro Valeiro, Antón Vilariño, Gael Seijo, Pablo García, Mella, Yeremay ou Kevin Sánchez.

Intenso sábado de amigables en ANOSACANTEIRA con partidos en ...

Fin a unha esixente pero positiva pretemporada do Dépor ABANC...

Vitoria con remontada incluída ante o Rio Ave FC dun Dépor AB...

Mauro Valeiro concéntrase este luns 24 de agosto coa selecció...

Antonio Hidalgo avanza o plan de partido do Dépor ante o Mála...

Á venda as entradas de público para o Dépor - Valencia CF do ...