
DÉPOR GENUINE · 16 XUÑO 2026
O EQUIPO GENUINE DA RC DEPORTIVO FUNDACIÓN COMPARTE UNHA XORNADA DE FÚTBOL, EDUCACIÓN E DIVERSIDADE CO COLEXIO PEÑAREDONDA
O equipo Genuine da RC Deportivo Fundación disputou un partido amigable con alumnado do colexio Peñarredonda nunha xornada marcada pola convivencia, o deporte e a aprendizaxe compartida.Ademais do encontro futbolístico, as persoas participantes tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man o labor que desenvolve o equipo Genuine, así como os valores e obxectivos de LaLiga Genuine Moeve, unha competición pioneira que promove a inclusión social de persoas con discapacidade intelectual a través do fútbol.A actividade permitiu xerar un espazo de intercambio e sensibilización arredor da diversidade, fomentando valores como o respecto, o compañeirismo e a igualdade de oportunidades entre todas as persoas asistentes.Esta iniciativa enmárcase dentro do programa social de educación, deporte e diversidade impulsado pola RC Deportivo Fundación, que continúa a desenvolver accións orientadas a promover a inclusión e a formación en valores a través da práctica deportiva.

Intenso sábado de amigables en ANOSACANTEIRA con partidos en ...

Fin a unha esixente pero positiva pretemporada do Dépor ABANC...

Vitoria con remontada incluída ante o Rio Ave FC dun Dépor AB...

Mauro Valeiro concéntrase este luns 24 de agosto coa selecció...

Antonio Hidalgo avanza o plan de partido do Dépor ante o Mála...

Á venda as entradas de público para o Dépor - Valencia CF do ...