
DÉPOR GENUINE · 1 XUÑO 2026
O DÉPOR GENUINE DESBORDA EMOCIÓN E ENTUSIASMO NA TERCEIRA FASE DE LALIGA GENUINE MOEVE CELEBRADA EN BURGOS
A Ciudad Deportiva do Burgos CF foi o escenario esta pasada fin de semana da terceira fase de LaLiga Genuine Moeve para o Dépor Genuine.Os rivais de Os Nosos foron o Real Valladolid e o CD Lugo.Os resultados do Dépor Genuine foron os seguintes:DÉPOR GENUINE 1 - REAL VALLADOLID 1CD LUGO 0 - DÉPOR GENUINE 3O Dépor Genuine afrontou esta terceira fase de LaLiga Genuine Moeve coa mesma emoción, entusiasmo e espírito que fixeron desta competición un exemplo único dentro do deporte.Foi unha fin de semana de reencontros, de apertas entre compañeiros e rivais, de experiencias compartidas e de momentos que van moito máis alá do resultado.En LaLiga Genuine Moeve cada partido é unha oportunidade para seguir medrando, aprender e demostrar que o fútbol é unha poderosa ferramenta de inclusión, respecto e compañeirismo.Os Nosos volveron representar con orgullo os valores do deportivismo, compartindo terreo de xogo con outros clubs que entenden o deporte dende o seu lado máis humano e auténtico.A terceira fase converteuse na celebración dunha forma de entender o fútbol na que todos gañan, onde os sorrisos teñen tanto valor como os goles e onde cada encontro deixa recordos para toda a vida.


Intenso sábado de amigables en ANOSACANTEIRA con partidos en ...

Fin a unha esixente pero positiva pretemporada do Dépor ABANC...

Vitoria con remontada incluída ante o Rio Ave FC dun Dépor AB...

Mauro Valeiro concéntrase este luns 24 de agosto coa selecció...

Antonio Hidalgo avanza o plan de partido do Dépor ante o Mála...

Á venda as entradas de público para o Dépor - Valencia CF do ...