
DÉPOR GENUINE · 17 XUÑO 2026
O DÉPOR GENUINE PECHA ESTA FIN DE SEMANA UNHA TEMPORADA DE VALORES E ILUSIÓN COA FASE FINAL DE LALIGA GENUINE MOEVE EN LAS ROZAS
Chega a última capítulo dunha nova aventura para o Dépor Genuine. Os vindeiros 19, 20 e 21 de xuño, Os Nosos participarán na fase final de LaLiga Genuine Moeve que se celebrará na Ciudad del Fútbol de Las Rozas, poñendo o broche a unha temporada na competición máis inclusiva do mundo impulsada por LaLiga a través da súa Fundación.Será unha fin de semana de fútbol, convivencia e emocións compartidas. Sobre o céspede, o Dépor Genuine medirase ao Nàstic de Tarragona, á UD Las Palmas e ao RCD Mallorca. Pero, como sempre acontece en LaLiga Genuine, o resultado será o de menos. O verdadeiramente importante será volver compartir experiencias, apertas, sorrisos e os valores que fan único este proxecto: respecto, compañeirismo, superación e paixón polo fútbol.A cerimonia de clausura do domingo 21 porá o punto final a unha temporada inesquecible. Alí, as e os integrantes do Dépor Genuine recibirán as súas medallas xunto a centos de participantes de toda España, nun recoñecemento que vai moito máis alá da competición e que premia o esforzo, a ilusión e o compromiso amosados durante todo o curso.

Máis de 1.000 xogadores e xogadoras, corpos técnicos, familiares e afeccionados xuntaranse en Las Rozas para celebrar o peche da oitava temporada dunha iniciativa que demostrou que o fútbol pode ser tamén unha poderosa ferramenta de inclusión, integración e transformación social.Cada partido conta, pero cada sorriso conta aínda máis. O Dépor Genuine estará nesta Fase Final representando con orgullo os valores máis importantes deste deporte.


O Benxamín A clasificouse para a final do Mini Teresa Herrera...

O Dépor xogará o 25 de xullo ás 19:30 ante o Real Oviedo no E...

400 nenos e nenas arrancaron os DéporCampus 2026 no Dépor Tra...

O RC Deportivo lanza o LembraDÉ 2025-26, unha experiencia per...

Resultados da fin de semana, con título para o San Tirso SD C...

O Dépor Genuine conclúe unha nova Liga Genuine Moeve marcada ...