
DÉPOR · 30 XULLO 2026
DIEGO VILLARES ACÓRDASE EN VILALBA DE "MOITOS OUTROS CANTEIRÁNS QUE ESTÁN COMPARTINDO VESTIARIO COMIGO E OUTROS QUE ESTÁN A UN PASIÑO"
Diego Villares atendeu aos medios de comunicación no campo da Magdalena unha vez rematado o Trofeo Concello de Vilalba.O mediocentro deportivista, natural de Vilalba, confesa que "é bonito vir aquí despois de varios anos porque a considero a miña casa. Son moitos anos aquí, familia, amigos... É unha sensación moi bonita, indescritible".Admite que ante o CD Lugo "faltounos axustar algunha cousiña en certos momentos do partido que despois puidemos ir mellorando coas pausas de hidratación. Canto máis arriba iamos máis cómodos estabamos".Canteirán deportivista, Villares lembra a "moitos outros que están compartindo vestiario comigo e outros que están a un pasiño. É o camiño a seguir".Ante 3 partidos lonxe de España, o '8' do Dépor ve "rivais complicados… e a seguir preparándonos".

Intenso sábado de amigables en ANOSACANTEIRA con partidos en ...

Fin a unha esixente pero positiva pretemporada do Dépor ABANC...

Vitoria con remontada incluída ante o Rio Ave FC dun Dépor AB...

Mauro Valeiro concéntrase este luns 24 de agosto coa selecció...

Antonio Hidalgo avanza o plan de partido do Dépor ante o Mála...

Á venda as entradas de público para o Dépor - Valencia CF do ...