
DÉPOR · 7 XULLO 2026
BRIGHT EDE, CENTRAL ZURDO DE FUTURO PARA O DÉPOR
Bright Ede (Varsovia, Polonia, 18 de febreiro de 2007) é novo xogador do RC Deportivo.O novo defensa central asina coa entidade branquiazul até xuño de 2031 para reforzar a zaga deportivista cunha das promesas do fútbol europeo.Internacional coa selección de Polonia sub-19, Ede chega procedente do Motor Lublin, conxunto da Ekstraklasa, a máxima categoría do fútbol polaco.A pesar da súa mocidade, a pasada tempada disputou 17 encontros oficiais co primeiro equipo e anotou un gol, consolidándose como unha das grandes irrupcións do campionato.Zurdo e con capacidade para desenvolverse como central, Bright Ede destaca pola súa potencia física, velocidade e solvencia defensiva, cualidades que lle permiten render tanto en situacións de campo aberto como en defensas máis posicionais.Ademais, sobresae pola súa personalidade para iniciar o xogo desde atrás e asumir responsabilidades co balón.Con apenas 19 anos, o novo futbolista branquiazul chega ao Dépor como unha aposta de presente e, sobre todo, de futuro, cun amplo marxe de crecemento e o potencial necesario para competir ao máximo nivel nas vindeiras tempadas.

Intenso sábado de amigables en ANOSACANTEIRA con partidos en ...

Fin a unha esixente pero positiva pretemporada do Dépor ABANC...

Vitoria con remontada incluída ante o Rio Ave FC dun Dépor AB...

Mauro Valeiro concéntrase este luns 24 de agosto coa selecció...

Antonio Hidalgo avanza o plan de partido do Dépor ante o Mála...

Á venda as entradas de público para o Dépor - Valencia CF do ...