
DÉPOR ABANCA B · 10 MAIO 2026
ANTÍA VEIGA XÓGASE ESTE LUNS 11 DE MAIO ANTE POLONIA O PASE ÁS SEMIFINAIS DO EUROPEO E A CLASIFICACIÓN PARA O MUNDIAL
A selección española sub-17 de Antía Veiga xógase ante Polonia, o luns 11 de maio ás 15:00 (hora local, 16:00 en Galicia) en Inver Park, meterse nas semifinais do torneo coa conseguinte clasificación para o Campionato do Mundo da categoría.Despois de 2 encontros, o combinado nacional chega ao encontro con 3 puntos, os mesmos ca as polacas; aínda que a diferenza de goles é de +3 para as españolas por -4 das rivais. Así pois, un empate sería suficiente para España para superar esta fase.Nos primeiros 2 encontros do grupo a canteirá deportivista foi titular.Ante Francia caeron as españolas por 1-0 cun gol no minuto 53.No tempo engadido dese partido, Antía Veiga realizou unha gran parada ante Adedini nun man a man que mantivo viva a España no partido xa que tería suposto o 2-0.Ademais, na xogada seguinte, a colexiada eslovena Tjaša Misja non sinalou como penalti unha clara man dunha defensora de Francia na área pequena, nun remate de Candela que ía claramente a portería.Ante Finlandia, o pasado martes 5 de maio, goleou España por 4-0.A gardameta do Dépor ABANCA B estivo firme baixo paus cando, no tramo final do partido, as finlandesas se lanzaron a por un gol que as metese no partido.O calendario de partidos de Antía Veiga, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Martes 5 de maioESPAÑA 4 - FINLANDIA 0Venres 8 de maioFRANCIA 1 - ESPAÑA 0Luns 11 de maio15:00: POLONIA - ESPAÑA, en Inver ParkAntía Veiga participou con este combinado nacional en Ronda 1 e Ronda 2 de clasificación para o Campionato de Europa.En outubro, a gardameta do Dépor ABANCA B formou parte da selección española no Mundial de Marrocos, no que España caeu nos oitavos de final derrotada por Francia na quenda de penaltis.

O Benxamín A clasificouse para a final do Mini Teresa Herrera...

O Dépor xogará o 25 de xullo ás 19:30 ante o Real Oviedo no E...

400 nenos e nenas arrancaron os DéporCampus 2026 no Dépor Tra...

O RC Deportivo lanza o LembraDÉ 2025-26, unha experiencia per...

Resultados da fin de semana, con título para o San Tirso SD C...

O Dépor Genuine conclúe unha nova Liga Genuine Moeve marcada ...