
DÉPOR ABANCA B · 11 MAIO 2026
ANTÍA VEIGA DERROTA A POLONIA E CLASIFÍCASE PARA AS SEMIFINAIS DO EUROPEO E PARA O VINDEIRO MUNDIAL DE MARROCOS
Foto:@rfef.es
A selección española sub-17, con Antía Veiga titular indiscutible na portería, derrotou por 1-4 a Polonia este luns 11 de maio en Inver Park no terceiro e último partido da primeira fase.Este resultado clasificou ao combinado nacional para as semifinais do torneo continental e tamén supuxo o billete para o próximo Campionato do Mundo da categoría que se xogará en Marrocos.España rematou esta primeira fase da competición con 6 puntos por 9 de Francia, primeira clasificada.Alemaña será o rival en semifinais este xoves 14 ás 15:00 (hora local, 16:00 en Galicia). As alemás quedaron campioas do seu grupo con 6 puntos tras derrotar a Noruega (1-3) e Inglaterra (1-0); e caer ante Irlanda del Norte (0-1).Nos primeiros 2 encontros do grupo Antía Veiga tamén foi titular.Ante Francia perderon as españolas por 1-0 cun gol no minuto 53.No tempo engadido dese partido, Antía Veiga realizou unha gran parada ante Adedini nun man a man que mantivo viva a España no partido xa que tería suposto o 2-0.Ademais, na xogada seguinte, a colexiada eslovena Tjaša Misja non sinalou como penalti unha clara man dunha defensora de Francia na área pequena, nun remate de Candela que ía claramente a portería.Ante Finlandia, o pasado martes 5 de maio, goleou España por 4-0.A gardameta do Dépor ABANCA B estivo firme baixo paus cando, no treito final do partido, as finlandesas se lanzaron a por un gol que as metese no partido.O calendario de partidos de Antía Veiga, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:Primera FaseMartes 5 de maioESPAÑA 4 - FINLANDIA 0Venres 8 de maioFRANCIA 1 - ESPAÑA 0Luns 11 de maioPOLONIA 1 - ESPAÑA 4SemifinaisXoves 14 de maio15:00 (hora local, 16:00 en Galicia): ESPAÑA - ALEMAÑAAntía Veiga participou con este combinado nacional en Ronda 1 e Ronda 2 de clasificación para o Campionato de Europa.En outubro, a gardameta do Dépor ABANCA B formou parte da selección española no Mundial de Marrocos, no que España caeu nos oitavos de final derrotada por Francia na quenda de penaltis.

Intenso sábado de amigables en ANOSACANTEIRA con partidos en ...

Fin a unha esixente pero positiva pretemporada do Dépor ABANC...

Vitoria con remontada incluída ante o Rio Ave FC dun Dépor AB...

Mauro Valeiro concéntrase este luns 24 de agosto coa selecció...

Antonio Hidalgo avanza o plan de partido do Dépor ante o Mála...

Á venda as entradas de público para o Dépor - Valencia CF do ...