
DÉPOR · 14 AGOSTO 2026
'ANGELIÑO', NA SÚA PRESENTACIÓN: "ESTIVEN EN VARIOS SITIOS E O CLUB IMPRESIONOUME DENDE O PRIMEIRO DÍA"
José Ángel Esmorís Tasende, 'Angeliño' (Coristanco, A Coruña, 4 de xaneiro de 1997) foi presentado este venres como novo xogador branquiazul, cedido até xuño de 2027 con opción de compra non obrigatoria.En primeiro lugar, e acompañado por Fernando Soriano, posou no campo Arsenio Iglesias coa camiseta que xa estreou en varios amigables nesta pretempada.Xa na sala de prensa, o Director de Fútbol do RC Deportivo lembra que é un futbolista "formado en Abegondo" e desexoulle "moita sorte, e que poidas demostrar o que vales".

Pola súa banda, Angeliño afirmou que a cidade deportiva "cambiou moitísimo para ben. Quedei alucinado co proxecto. Estiven en varios sitios e o Club impresionoume desde o primeiro día".Recalca que "está moi contento de estar aquí e con moitas ganas de empezar".O novo defensor deportivista confesa que xogar no Dépor "é un soño que tiña desde pequeniño e puiden cumprilo. Teño unhas ganas tolas de empezar, de defender o escudo. E estou moi ilusionado, coma un neno".Fisicamente admite que os seus compañeiros "están nun ritmo máis adiantado. Intentarei achegar todo o que poida, traballar e traballar para conseguir oportunidades. Veño para intentar sumar todo o que poida. Levo tempo sen xogar pero nada que o rodaxe en campo non solucione rápido".

Angeliño indica que na súa dilatada carreira "nos últimos anos xoguei máis de carrileiro. Síntome máis cómodo nunha liña de 4 aínda que pareza que non. Xogarei onde se me diga, intentarei adaptarme, facelo o mellor que poida".Finalmente, cualificou como "incrible" a súa estrea en ABANCA-RIAZOR: "A sensación é incrible. Moitas sensacións. Espectacular. Teño moitas ganas de que cheguen máis momentos así… e cara adiante".

Intenso sábado de amigables en ANOSACANTEIRA con partidos en ...

Fin a unha esixente pero positiva pretemporada do Dépor ABANC...

Vitoria con remontada incluída ante o Rio Ave FC dun Dépor AB...

Mauro Valeiro concéntrase este luns 24 de agosto coa selecció...

Antonio Hidalgo avanza o plan de partido do Dépor ante o Mála...

Á venda as entradas de público para o Dépor - Valencia CF do ...