
DÉPOR · 19 XUÑO 2026
ACF FIORENTINA E GENOA CFC MEDIRANSE AO DÉPOR NESTA PRETEMPORADA
O Dépor comeza a configurar o seu calendario de pretemporada cos seus dous primeiros amigables.Así, o xoves 6 de agosto ás 20:00 Os Nosos mediránse no Stadio Curva Fiesole a un clásico do fútbol europeo, a ACF Fiorentina, que a temporada 2025-26 alcanzou os cuartos de final da Conference League, onde foi apeado polo Crystal Palace, ao cabo gañador do torneo.Dous días despois, o sábado 8 de agosto, o equipo de Antonio Hidalgo enfrontarase ao Genoa CFC, tamén da Serie A italiana. Neste caso o choque xogaráse no Stadio Luigi Ferraris ás 20:45 ou ás 21:00, pendente de confirmar nos vindeiros días.O regreso aos adestramentos do cadro deportivista será arredor do 6 de xullo.

O Benxamín A clasificouse para a final do Mini Teresa Herrera...

O Dépor xogará o 25 de xullo ás 19:30 ante o Real Oviedo no E...

400 nenos e nenas arrancaron os DéporCampus 2026 no Dépor Tra...

O RC Deportivo lanza o LembraDÉ 2025-26, unha experiencia per...

Resultados da fin de semana, con título para o San Tirso SD C...

O Dépor Genuine conclúe unha nova Liga Genuine Moeve marcada ...