
DÉPOR ABANCA · 18 MAIO 2026
ABANCA-RIAZOR OVACIONOU A CRIS MARTÍNEZ, QUE SE SENTE "MOI AFORTUNADA DE TER PODIDO VIVIR ISTO AQUÍ"
ABANCA-RIAZOR viviu un momento especial, deses que quedan gravados na retina do deportivismo, este domingo 17 de maio no descanso do encontro entre o Dépor e o FC Andorra.ANOSAFORZA tivo a oportunidade de despedir a Cris Martínez, a gran capitá do Dépor ABANCA, que se retira do fútbol cando remate esta temporada. E faino no equipo da súa vida e do seu corazón."Grazas de todo corazón deportivistas, doutra deportivista máis", conclúe.No céspede de ABANCA-RIAZOR estivo acompañada polo conselleiro Carlos Ballesta e polo seu fillo Nico, vestido por suposto de branquiazul.A futbolista astorgana forma parte dun selecto grupo de futbolistas que nos 120 anos de historia do RC Deportivo deixan unha pegada inesquecible, non só polo que conseguen no campo, senón por todo o que representan.

Cris Martínez pecha unha etapa inesquecible no club da súa vida, o equipo do seu corazón, despois de anos defendendo este escudo con entrega, orgullo e paixón.ANOSAFORZA agradeceu á lateral do Dépor ABANCA ser un exemplo dentro e fóra do terreo de xogo; e cada batalla, cada aperta e cada emoción compartida.Pola súa banda, Cris quixo tamén "agradecer a todas as persoas que me acompañaron durante esta etapa, que foron moitas. Tanto ás miñas compañeiras, ás persoas que nos axudaron tanto no corpo técnico, médico e a todos os traballadores que fan un traballo invisíbel tanto no Dépor Training Center como en ABANCA-RIAZOR; á miña familia, á afección, que estivo nos momentos máis bonitos. Síntome moi afortunada de ter podido vivir isto aquí".A historia de Cris formará sempre parte de ABANCA-RIAZOR e da alma deportivista.

O Benxamín A clasificouse para a final do Mini Teresa Herrera...

O Dépor xogará o 25 de xullo ás 19:30 ante o Real Oviedo no E...

400 nenos e nenas arrancaron os DéporCampus 2026 no Dépor Tra...

O RC Deportivo lanza o LembraDÉ 2025-26, unha experiencia per...

Resultados da fin de semana, con título para o San Tirso SD C...

O Dépor Genuine conclúe unha nova Liga Genuine Moeve marcada ...