RCDeportivo Logo
Sofía Domínguez

Estadísticas

DEF

Sofía

Domínguez

20

Años

1,56

Altura

ARG

Nac.

Evelyn Sofía Domínguez Acuña (Bos Aires, Arxentina, 16 de decembro de 2005), coñecida futbolisticamente como Sofía Domínguez.

A nova lateral dereita deportivista, que tamén pode actuar no centro do campo, chega procedente do FC Basel, onde a pasada tempada competiu na máxima categoría do fútbol suízo. Durante a campaña 2025-26 disputou 18 partidos de liga, nos que anotou 3 goles, ademais de participar en 5 encontros de Copa, competición na que volveu ver portería en tres ocasións.

Antes de dar o salto ao fútbol europeo, Sofía Domínguez desenvolveu a súa carreira na Arxentina, vestindo as camisetas de dous dos clubs máis importantes do país, River Plate e Newell's Old Boys, onde continuou o seu crecemento como futbolista.

A nova xogadora do Dépor ABANCA conta tamén con experiencia a nivel de seleccións. É internacional absoluta con Arxentina e formou parte da selección do seu país que disputou o Mundial sub-20, acumulando experiencia no máximo nivel do fútbol internacional.

Da súa personalidade e xerarquía fala o dato de que sempre foi unha das destacadas nas categorías inferiores da 'albiceleste', nas que levou o brazalete de capitá. Coa súa incorporación, o Dépor ABANCA suma talento, calidade e proxección de cara á tempada 2026-27.

Comprar camiseta